PRESENTACIÓN


Queixo Maquetón nace coa perspectiva de poder organizar en Arzúa un proxecto sólido e estable de procura de novas formacións musicais, que teñan algo interesante que amosar dentro dun estilo enmarcado en tendencias que reflectimos nas oportunas bases.

Buscamos os organizadores de Queixo Maquetón propostas musicais dentro do ámbito alternativo galego sen esquecernos de bandas de ámbito estatal que demostren, tanto en maqueta e máis tarde se resultan finalistas, en directo a súa profesionalidade.

Outro dos objectivos da organización é reforzar, aínda máis, se cabe o amplo abanico de actividades que ano tras ano compón `` A Festa Do Queixo ´´ que no ano 2009 cumpre o seu XXXIV edición.

A Festa Do Queixo é unha das celebracións gastronómicas máis importantes de Galicia que ano tras ano concentra en Arzúa a decenas de miles de persoas, non atraídas polo suculento manxar que é o queixo, senón tamén polo propio festival que achegou a noso pobo artistas e grupos da talla de: Fangoria, The Sunday Drivers, Mala Rodriguez, Ollos de Brujo, Violadores do Verso, Raimundo Amador, Kiko Veleno, Sex Museum... Eses grupos ou solistas son estrelas consagradas, agora nós queremos descubrir as estrelas e as propostas interesantes do futuro, ese é o noso objectivo e o voso para facer realidade o noso proxecto.