PRESENTACIÓN


Queixo Maquetón nace coa perspectiva de poder organizar en Arzúa un proxecto sólido e estable de procura de novas formacións musicais, que teñan algo interesante que amosar dentro dun estilo enmarcado en tendencias que reflectimos nas oportunas bases.

Buscamos os organizadores de Queixo Maquetón propostas musicais dentro do ámbito alternativo galego sen esquecernos de bandas de ámbito estatal que demostren, tanto en maqueta e máis tarde se resultan finalistas, en directo a súa profesionalidade.

Outro dos objectivos da organización é reforzar, aínda máis, se cabe o amplo abanico de actividades que ano tras ano compón `` A Festa Do Queixo ´´ que no ano 2009 cumpre o seu XXXIV edición.

A Festa Do Queixo é unha das celebracións gastronómicas máis importantes de Galicia que ano tras ano concentra en Arzúa a decenas de miles de persoas, non atraídas polo suculento manxar que é o queixo, senón tamén polo propio festival que achegou a noso pobo artistas e grupos da talla de: Fangoria, The Sunday Drivers, Mala Rodriguez, Ollos de Brujo, Violadores do Verso, Raimundo Amador, Kiko Veleno, Sex Museum... Eses grupos ou solistas son estrelas consagradas, agora nós queremos descubrir as estrelas e as propostas interesantes do futuro, ese é o noso objectivo e o voso para facer realidade o noso proxecto.

BASES

1º. Poderán tomar parte no concurso todos aqueles grupos con Residencia no Estado Español que non teñan ningún álbum publicado, coa excepción dos autoeditados ou que non asinaran ningún contrato discográfico.

2º. Só se admitirán traballos encadrados estilísticamente dentro do pop rock e novas tendencias.

- Modalidade pop rock: Rock, Pop, Post Rock, Tecno Pop, Power Pop, Art Rock, Indie, Indie Pop...
- Modalidade novas tendencias: Electrónica, Electro Pop, Electroclash...

3º.O prazo de inscrición abrirase o 1 de xuño do 2008 e pecharase o 15 de xaneiro do 2009.

4º. Os traballos constarán:

- Cd de audio con tres non máis cancións.
- Cd de datos con:
- Unha biografía do grupo participante en formato DOC (Word).
- Unha fotografía en sistema JPEG
- É necesario incluír tamén dirección, código postal, número de teléfono, correo electrónico e myspace do grupo participante.

Todo o material deberá ser enviado no mesmo sobre a:

RADIO ARZÚA
C/ PADRE PARDO Nº 33 1º PISO
CP 15810
ARZÚA- A CORUÑA

Sinalando claramente no sobre 1º CONCURSO DE MAQUETAS QUEIXO MAQUETÓN.

Non se devolverá o material recibido. En ningún caso a Organización será responsable da perda ou non recepción do material, sexa cal fose o motivo. Non se consideran válidos aqueles materiais que non cumpran as condicións recollidas nas bases.
Con objectivo de alcanzar unha mellor difusión e coñecemento, as bandas participantes dan a súa autorización e ceden os dereitos das súas cancións para a súa publicación e emisión, que nunca terán un uso comercial.

5º. A mecánica do concurso componse de: 1º selección dos semi-finalistas, 2º selección de tres finalistas, 3º elección do gañador.

6º. De todos os traballos recibidos pola organización, seleccionásense tres finalistas que actuarán na final, que se celebrará o 14 marzo do 2009 en Arzúa. O gañador dos tres grupos finalistas será elixido por un xurado, que estará formado por xente relacionada co mundo musical e os membros da organización. A Organización dará 200 € para os gastos derivados do transporte e aloxamento dos tres .

7º. O finalista que resulte gañador, quedará obrigado coa Organización de Queixo Maquetón a realizar un máximo de dous concertos, sen incluír o que teña lugar na Festa Do Queixo, nin en Estudo 3 con motivo de ser incluídos en calquera evento realizado pola organización. Os gastos de transporte e aloxamento correrán a cargo da organización.

8º. O incumprimento total ou parcial das presentes bases será motivo da descualificación do participante.

9º. A Organización de Queixo Maquetón resérvase o dereito de poder modificar total ou parcialmente as presentes bases.

PREMIOS

. Actuación conxunta dos catro finalistas en Arzúa o 14 de marzo do 2009.

. Retransmisión en directo da final pola Radio Galega Música.

. Reportaxe da final e entrevistas aos tres finalista en estudo 3 da Radio Galega Música e Radio Arzúa.

. O grupo gañador será incluído no cartel da XXXIV edición dá Festa Do Queixo, que terá lugar os días 14 e 15 de marzo de 2009 en Arzúa. A organización reserva o dereito de situar ao finalista no horario e escenario que estime oportuno, correrá cos gastos do aloxamento e cea do día da actuación, e proverá ao gañador dun caché de 600 € en concepto do concerto que dará na Festa Do Queixo 2009.

CONTACTOS

Tlf:
  • Alberto 690109731 (chamar en horario de tarde)
  • J. Ramon 600502572 (chamar en horario de tarde)

Correo electrónico: