BASES

1º. Poderán tomar parte no concurso todos aqueles grupos con Residencia no Estado Español que non teñan ningún álbum publicado, coa excepción dos autoeditados ou que non asinaran ningún contrato discográfico.

2º. Só se admitirán traballos encadrados estilísticamente dentro do pop rock e novas tendencias.

- Modalidade pop rock: Rock, Pop, Post Rock, Tecno Pop, Power Pop, Art Rock, Indie, Indie Pop...
- Modalidade novas tendencias: Electrónica, Electro Pop, Electroclash...

3º.O prazo de inscrición abrirase o 1 de xuño do 2008 e pecharase o 15 de xaneiro do 2009.

4º. Os traballos constarán:

- Cd de audio con tres non máis cancións.
- Cd de datos con:
- Unha biografía do grupo participante en formato DOC (Word).
- Unha fotografía en sistema JPEG
- É necesario incluír tamén dirección, código postal, número de teléfono, correo electrónico e myspace do grupo participante.

Todo o material deberá ser enviado no mesmo sobre a:

RADIO ARZÚA
C/ PADRE PARDO Nº 33 1º PISO
CP 15810
ARZÚA- A CORUÑA

Sinalando claramente no sobre 1º CONCURSO DE MAQUETAS QUEIXO MAQUETÓN.

Non se devolverá o material recibido. En ningún caso a Organización será responsable da perda ou non recepción do material, sexa cal fose o motivo. Non se consideran válidos aqueles materiais que non cumpran as condicións recollidas nas bases.
Con objectivo de alcanzar unha mellor difusión e coñecemento, as bandas participantes dan a súa autorización e ceden os dereitos das súas cancións para a súa publicación e emisión, que nunca terán un uso comercial.

5º. A mecánica do concurso componse de: 1º selección dos semi-finalistas, 2º selección de tres finalistas, 3º elección do gañador.

6º. De todos os traballos recibidos pola organización, seleccionásense tres finalistas que actuarán na final, que se celebrará o 14 marzo do 2009 en Arzúa. O gañador dos tres grupos finalistas será elixido por un xurado, que estará formado por xente relacionada co mundo musical e os membros da organización. A Organización dará 200 € para os gastos derivados do transporte e aloxamento dos tres .

7º. O finalista que resulte gañador, quedará obrigado coa Organización de Queixo Maquetón a realizar un máximo de dous concertos, sen incluír o que teña lugar na Festa Do Queixo, nin en Estudo 3 con motivo de ser incluídos en calquera evento realizado pola organización. Os gastos de transporte e aloxamento correrán a cargo da organización.

8º. O incumprimento total ou parcial das presentes bases será motivo da descualificación do participante.

9º. A Organización de Queixo Maquetón resérvase o dereito de poder modificar total ou parcialmente as presentes bases.